DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2009/359-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste departamento territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En virtude do artigo 172.2 do Código civil, e tendo en conta que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo, decaeu o dereito a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas de protección. Non obstante, poderán facilitarlles información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo, e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da entidade pública.

Vigo, 10 de marzo de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2009/359-36.

Persoa interesada: 36140895Y.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 2 de febreiro de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.