DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2026/019-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Substitución do CT Éntoma-32CD19.

Situación: lugar de Éntoma, concello do Barco de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación dun novo apoio número x1, de celosía metálica, do tipo C-14/2000, intercalado entre os apoios existentes número D74-8 e D74-9 da LMTA BDV805.

• Desmontaxe do CT en caseta Éntoma-32CD19, de 250 kV e desmonte de 192 m do condutor existente entre o novo apoio número x1 e o CT que se vai desmontar.

• Instalación dun novo CT de tipo prefabricado compacto, en superficie, de manobra exterior, con envolvente de formigón 2L+1P e con transformador de 250 kV e r/t 20.000/400 V.

• LMTS, a 20 kV, de 530 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3×(1×240 Al), con orixe no paso A/S que se vai realizar no novo apoio número x1 e final nos empalmes que se van realizar no condutor subterráneo existente de tipo RHZ1-95 da LMTS que alimenta o CT Albar-32CGL6, despois de realizar entrada/saída no CT proxectado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2.233 do Coeticor, o 25.2.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 9 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2026/019-3.

Situación: lugar de Éntoma, concello do Barco de Valdeorras.

Denominación: substitución do CT Éntoma-32CD19.

Predio número en proxecto: 1. Referencia catastral: 32010A001007880000XZ.

Lugar: O Tumbeiro.

Cultivo: prado.

Titular: hdros. de Ramiro López.

Afectacións: ocupación de 2 m2 para o apoio x1 e de 19 m2 de canalización soterrada.