Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícanselles a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA PR802 derivada a CT Espasantes, que se realizarán na Casa do Concello de Pantón, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 16 de marzo de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/30 ATE.
Entidade beneficiaria: UFD Distribution Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMTA PR802 derivada a CT Espasantes.
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no Concello de Pantón.
|
Concello |
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Pantón |
Federico Vargas de Prado |
6.5.2026 |
11.45 |
31 |
|
Descoñecido |
26 |
