DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO das bases para o outorgamento de autorizacións de explotación de servizos de tempada: ensino de surf e disciplinas afíns, así como instalacións de quioscos no termo municipal.

Por acordo do Pleno do Concello de Valdoviño, na sesión extraordinaria do 18 de marzo de 2026, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para o outorgamento de autorizacións de explotación de servizos de tempada: ensino de surf e disciplinas afíns, así como instalacións de quioscos no termo municipal.

O prazo para concorrer a elas será de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal (www.concellodevaldovino.com).

Valdoviño, 18 de marzo de 2026

Alberto González Fernández
Alcalde