DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a da Administración xeral, funcionario/a de carreira, correspondente á oferta de emprego público de 2025 (expediente 219/2026).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 54, do 20 de marzo de 2026, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha técnico/a da Administración xeral, funcionario/a de carreira (oferta de emprego público de 2025) (expediente 219/2025).

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Baiona, 26 de marzo de 2026

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde