DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.19469 e trece máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.19469 e trece máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.19469

Juan Antonio Piñeiro Filgueiras
e Juan José Piñeiro Hermida

8.2.2026

DH.A36.6986

Manuel Fernández Ferreiro

8.2.2026

DH.A15.14158

Eugenio Veiga Ares

8.2.2026

DH.A15.14741

Cándido Vigo García

8.2.2026

DH.A15.15166

Mercedes Pereiro Balado

8.2.2026

DH.A36.07314

Manuel Flores Torreiro

8.2.2026

DH.A36.7922

Antonio Alejandro García Temes

8.2.2026

DH.A15.20744

Hormigones Valdeorras, S.A.

8.2.2026

DH.A36.9163

Ismael Calveiro Fernández

8.2.2026

DH.A36.06682

Enrique Diéguez Sánchez

8.2.2026

DH.A36.11110

Juan Nodar Matalobos

8.2.2026

DH.A27.04776

Magdalena López Picos

8.2.2026

DH.A36.9460

José Magdalena Outeda

8.2.2026

DH.A36.10976

Manuel López Sanmartín

8.2.2026