De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles as persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia co fin de comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, estas persoas teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de se ditar a correspondente resolución.
O expediente encóntrase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Pontevedra, 16 de marzo de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212A/2026/00546 |
35609527F |
|
PO-PR212A/2026/00546 |
53188745A |
