DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2024/5489-6 e sete máis).

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións ditadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades-EVO Ferrol, do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, sita no Edificio Administrativo de Ferrol, na praza Camilo José Cela, s/n, 3º andar, 15403 de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderá interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social neste departamento territorial no prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 16 de febreiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/5489-6

12488790C

Resolución de recoñecemento

17.10.2025

2022/0386-6

32622606G

Resolución de recoñecemento

4.8.2025

2023/1473-6

32676489K

Resolución de recoñecemento

9.9.2025

2024/5104-6

32917365H

Resolución de recoñecemento

14.4.2025

2023/3834-6

32643558A

Resolución de recoñecemento

29.10.2025

2023/3308-6

32647231L

Resolución de recoñecemento

3.11.2025

2025/3268-6

32708279W

Resolución de recoñecemento

15.12.2025

2023/5562-6

32581488X

Resolución de recoñecemento

26.11.2025