O Pleno da Corporación, en sesión do 30 de xaneiro de 2026, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a solicitude de agrupamento de parcelas no parque empresarial Lalín 2000 (parcelas 9554709NH6295S, 9554708NH6295S e 9554707NH6295S), redactado polo arquitecto Ignacio Lampaya Nasarre, co número de colexiado 22.935 do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), asinado con data do 12 de agosto de 2025 por instancia da empresa Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U, con CIF B83667725, representada por Ignacio Lampaya Nasarre, con DNI ***0790** (expediente 3616/2025).
Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.
Contra ese acordo, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Lalín, 6 de marzo de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 23.7.2025; BOP do 29 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro de Urbanismo
