DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente do Programa do bono de alugueiro social VI482F1501554.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa da Sección de Subvencións e Tramitacións do IGVS da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de marzo de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
José Manuel Valeriano Rosales Escudero
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

VI482F1501554

Z3720388M

Requirimento