DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21491

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2026 o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de outubro de 2025 (DOG núm. 197, do 13 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 20 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base 2.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 14 de abril de 2026, na aula nº 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul ou negro non borrable.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal