DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21590

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas dos Veciños das Rasas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Martín Martínez Pérez, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas dos Veciños das Rasas, convoca o próximo 25 de abril de 2026, no local social da Carballiza, barrio das Rasas, número 19, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria para aprobar, se procede, os puntos da seguinte orde do día:

1. Pasar lista de comuneiros e comuneiras.

2. Autorizar a Xunta Directiva para presentar a solicitude e realizar as xestións necesarias para renovar a concesión de auga (DH.A36.10154), que expira o próximo 7 de marzo de 2027, así como a explicación do proceso para levar a cabo a devandita renovación e o seu custo aproximado.

3. Ratificación da Xunta Directiva actual.

4. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións e axudas en nome da Comunidade.

5. Rogos e preguntas.

Gondomar, 27 de marzo de 2026

Martín Martínez Pérez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas dos Veciños das Rasas