DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21373

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026 pola que se publica a Resolución do 24 de marzo de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT213A).

No Diario Oficial de Galicia número 232, do 1 de decembro de 2025, publícase a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT213A).

De conformidade co artigo 19.3 bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 19.1.

Así mesmo, os artigos 11 e 19.4 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 24 de marzo de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 24 de marzo de 2026, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT213A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de marzo de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Resolución do 24 de marzo de 2026 de concesión das axudas convocadas
ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen
as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva,
a festivais de artes escénicas e a súa convocatoria para o ano 2026
(código de procedemento CT213A)

Antecedentes administrativos:

1. O día 1 de decembro de 2025 publicouse a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT213A).

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o 15 de decembro de 2026, as relacionadas no anexo I, procédese ao seu estudo e comprobación da documentación complementaria presentada e realízanse os pertinentes requirimentos.

3. O día 9 de marzo, reúnese a Comisión Avaliadora, nomeada pola Resolución do director da Agadic o día 18 de febreiro de 2026, para o estudo e análise das solicitudes e documentación complementaria que se relacionan no anexo III por seren as que cumpren co establecido nas bases da convocatoria.

4. O día 20 de marzo de 2026, unha vez instruído o procedemento e entregado o informe preceptivo por parte da Comisión Avaliadora, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), como órgano instrutor, emitiu informe e ditou unha proposta de resolución en que se indica o número de solicitudes presentadas, admitidas, inadmitidas e/ou desistidas, as solicitudes susceptibles de percibir subvención e o importe económico que se propón para cada unha delas.

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para a resolución de concesión da subvención o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas (CT213A).

2. Todos os expedientes das solicitudes da subvención a festivais de artes escénicas, ao abeiro da convocatoria para o ano 2026, co código de procedemento CT213A, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.

3. O día 9 de marzo de 2026, reúnese a Comisión de Avaliación para estudo e análise das solicitudes que se relacionan no anexo III.

Logo desta reunión, a Comisión de Avaliación remite a acta e o seu informe coa relación de solicitudes e a puntuación acadada por cada unha delas en aplicación dos criterios establecidos nas bases. Esta relación coa puntuación expresada de maior a menor está recollida no anexo IV.

4. Como resultado de todo o proceso, o director da Agadic emite informe e presenta a súa proposta de resolución de conformidade co artigo 19.1 das bases reguladores o día 20 de marzo de 2026.

Por todo o anteriormente exposto, logo de examinar a proposta de resolución do director da Agadic, e de conformidade con ela,

RESOLVO:

1. Declarar a desistencia, por non cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria, das entidades solicitantes que se relaciona no anexo II.

2. Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo III por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria.

3. Conceder a subvención, e polos importes que se expresan, por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo V.

4. Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo VI por non acadar a puntuación mínima para ser subvencionadas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de xeito complementario á súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ANEXO I

Solicitudes recibidas

Expediente

NIF

Persoa solicitante

Proxecto

AG/S/2026FE/A/0001

G15157159

Padroado da Cultura do Concello de Narón

XI Festival Singular. Festival Intl. do Monólogo Teatral

AG/S/2026FE/A/0002

***6705**

María Cristina García Cameselle

Síntese Vigo, Festival de Danza e Perfromance

AG/S/2026FE/A/0003

***2239**

José Antonio Coucheiro Faílde

6º Impredible Festival Internacional de Impro

AG/S/2026FE/A/0004

F15983067

Culturactiva, S. Coop. Galega

Festaclown Vilagarcía 2026

AG/S/2026FE/A/0005

G36454445

Asociación Xente Titiriteira

XXVII Fest. Intl. de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo 2026

AG/S/2026FE/A/0006

***8236**

Eva Comesaña Sanromán

Festival Teatro Gorrilla

AG/S/2026FE/A/0007

G36349850

Asoc. Teatro Cía. Caracol

Festival DESFOGA

AG/S/2026FE/A/0008

G36024990

Asociación Cívico Cultural Xiria

43 Mostra Intl. de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

AG/S/2026FE/A/0009

J32366429

Neodans, S.C.

Festival Danza no Claustro 2026

AG/S/2026FE/A/0010

P1509500C

Concello de Cariño

Mostra de Teatro de Cariño

AG/S/2026FE/A/0011

G15604010

Asociación Cultural Barriga Verde de Santiago de Compostela

XXXI Festival Intl. Galicreques 2026

AG/S/2026FE/A/0012

G15417165

Asociación Telón y Aparte

35 Festival Intl. Outono de Teatro (FIOT)

AG/S/2026FE/A/0013

B32117483

Sarabela, S.L.

Festival Intl. de Teatro de Ourense

AG/S/2026FE/A/0014

B94201811

Illusions Works, S.L.

Galicia Magic Fest

AG/S/2026FE/A/0015

G70363981

Asociación Morreu o Demo

XI Titiriberia

AG/S/2026FE/A/0016

G01663186

Asociación Cultural Sacra Experience

Sacra Festival 2026

ANEXO II

Solicitudes desistidas

Expediente

NIF

Persoa solicitante

Proxecto

Causa de desistencia

AG/S/2026FE/A/0014

B94201811

Illusions Works, S.L.

Galicia Magic Fest

Artigo 8.2 das bases da convocatoria

ANEXO III

Solicitudes admitidas para avaliación

Expediente

NIF

Persoa solicitante

Proxecto

AG/S/2026FE/A/0001

G15157159

Padroado da Cultura do Concello de Narón

XI Festival Singular. Festival Intl. do Monólogo Teatral

AG/S/2026FE/A/0002

***6705**

María Cristina García Cameselle

Síntese Vigo, Festival de Danza e Perfromance

AG/S/2026FE/A/0003

***2239**

José Antonio Coucheiro Faílde

6º Impredible Festival Internacional de Impro

AG/S/2026FE/A/0004

F15983067

Culturactiva, S. Coop. Galega

Festaclown Vilagarcía 2026

AG/S/2026FE/A/0005

G36454445

Asociación Xente Titiriteira

XXVII Fest. Intl. de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo 2026

AG/S/2026FE/A/0006

***8236**

Eva Comesaña Sanromán

Festival Teatro Gorrilla

AG/S/2026FE/A/0007

G36349850

Asoc. Teatro Cía. Caracol

Festival DESFOGA

AG/S/2026FE/A/0008

G36024990

Asociación Cívico Cultural Xiria

43 Mostra Intl. de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

AG/S/2026FE/A/0009

J32366429

Neodans, S.C.

Festival Danza no Claustro 2026

AG/S/2026FE/A/0010

P1509500C

Concello de Cariño

Mostra de Teatro de Cariño

AG/S/2026FE/A/0011

G15604010

Asociación Cultural Barriga Verde de Santiago de Compostela

XXXI Festival Intl. Galicreques 2026

AG/S/2026FE/A/0012

G15417165

Asociación Telón y Aparte

35 Festival Intl. Outono de Teatro (FIOT)

AG/S/2026FE/A/0013

B32117483

Sarabela, S.L.

Festival Intl. de Teatro de Ourense

AG/S/2026FE/A/0015

G70363981

Asociación Morreu o Demo

XI Titiriberia

AG/S/2026FE/A/0016

G01663186

Asociación Cultural Sacra Experience

Sacra Festival 2026

ANEXO IV

Solicitudes por orde de prelación segundo a puntuación obtida

Expediente

NIF

Solicitante

Proxecto

Puntuación

Criterios

automáticos

Criterios técnicos

Total

AG/S/2026FE/A/0008

G36024990

Asociación Cívico Cultural Xiria

43 Mostra Intl. de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

42,33

44,5

86,83

AG/S/2026FE/A/0012

G15417165

Asociación Telón y Aparte

35 Festival Intl. Outono de Teatro (FIOT)

43,50

36,75

80,25

AG/S/2026FE/A/0011

G15604010

Asociación Cultural Barriga Verde de Santiago de Compostela

XXXI Festival Intl. Galicreques 2026

25,67

45,5

71,17

AG/S/2026FE/A/0013

B32117483

Sarabela, S.L.

Festival Intl. de Teatro de Ourense

38,17

32,25

70,42

AG/S/2026FE/A/0001

G15157159

Padroado da Cultura do Concello de Narón

XI Festival Singular. Festival Intl. do Monólogo Teatral

36,00

32,5

68,50

AG/S/2026FE/A/0009

J32366429

Neodans, S.C.

Festival Danza no Claustro 2026

30,00

38

68,00

AG/S/2026FE/A/0003

***2239**

José Antonio Coucheiro Faílde

6º Imperdible Festival Intl. Improv.

27,50

38,5

66,00

AG/S/2026FE/A/0007

G36349850

Asoc. Teatro Cía. Caracol

Festival DESFOGA

33,17

31

64,17

AG/S/2026FE/A/0015

G70363981

Asociación Morreu o Demo

XI Titiriberia

36,67

27

63,67

AG/S/2026FE/A/0004

F15983067

Culturactiva, S. Coop. Galega

Festaclown Vilagarcía 2026

32,17

30,5

62,67

AG/S/2026FE/A/0005

G36454445

Asociación Xente Titiriteira

XXVII Fest. Intl. de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo 2026

37,83

19,5

57,33

AG/S/2026FE/A/0010

P1509500C

Concello de Cariño

Mostra de Teatro de Cariño

31,25

26

57,25

AG/S/2026FE/A/0016

G01663186

Asociación Cultural Sacra Experience

Sacra Festival 2026

29,50

25

54,50

AG/S/2026FE/A/0002

***6705**

María Cristina García Cameselle

Síntese Vigo, Festival de Danza e Perfromance

25,83

20

45,83

AG/S/2026FE/A/0006

***8236**

Eva Comesaña Sanromán

Festival Teatro Gorrilla

29,83

2

31,83

ANEXO V

Solicitudes subvencionadas

Expediente

NIF

Solicitante

Proxecto

Importe solicitado

Importe
concedido

AG/S/2026FE/A/0008

G36024990

Asociación Cívico Cultural Xiria

43 Mostra Intl. de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

60.000,00 €

55.388,08 €

AG/S/2026FE/A/0012

G15417165

Asociación Telón y Aparte

35 Festival Intl. Outono de Teatro (FIOT)

60.000,00 €

47.311,51 €

AG/S/2026FE/A/0011

G15604010

Asociación Cultural Barriga Verde de Santiago de Compostela

XXXI Festival Intl. Galicreques 2026

58.000,00 €

37.210,94 €

AG/S/2026FE/A/0013

B32117483

Sarabela, S.L.

Festival Intl de Teatro de Ourense

33.000,00 €

20.036,94 €

AG/S/2026FE/A/0001

G15157159

Padroado da Cultura do Concello de Narón

XI Festival Singular. Festival Intl. do Monólogo Teatral

43.000,00 €

24.704,44 €

AG/S/2026FE/A/0009

J32366429

Neodans, S.C.

Festival Danza no Claustro 2026

15.500,00 €

8.775,56 €

AG/S/2026FE/A/0003

***2239**

José Antonio Coucheiro Faílde

6º Imperdible Festival Intl. Improv.

35.900,00 €

19.147,31 €

AG/S/2026FE/A/0007

G36349850

Asoc. Teatro Cía. Caracol

Festival DESFOGA

13.000,00 €

6.189,37 €

AG/S/2026FE/A/0015

G70363981

Asociación Morreu o Demo

XI Titiriberia

47.857,88 €

20.509,42 €

AG/S/2026FE/A/0004

F15983067

Culturactiva, S. Coop. Galega

Festaclown Vilagarcía 2026

28.852,00 €

13.874,62 €

AG/S/2026FE/A/0005

G36454445

Asociación Xente Tittiriteira

XXVII Fest. Intl. de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo 2026

60.000,00 €

24.145,75 €

AG/S/2026FE/A/0010

P1509500C

Concello de Cariño

Mostra de Teatro de Cariño

13.854,14 €

5.559,76 €

AG/S/2026FE/A/0016

G01663186

Asociación Cultural Sacra Experience

Sacra Festival 2026

26.000,00 €

7.146,30 €

ANEXO VI

Solicitudes desestimadas

Expediente

NIF

Solicitante

Proxecto

Criterios
automáticos

Criterios
técnicos

Puntuación total

AG/S/2026FE/A/0002

***6705**

María Cristina García Cameselle

Síntese Vigo, Festival de Danza e Perfromance

25,83

20

45,83

AG/S/2026FE/A/0006

***8236**

Eva Comesaña Sanromán

Festival Teatro Gorrilla

29,83

2

31,83