O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 16 de febreiro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«(...) Primeiro. Prestar a aprobación, con carácter definitivo, ao instrumento denominado «Documento de aprobación definitiva. Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacions e fondos edificables (parcelas C e D1, zona verde e red viaria da UA_5). Unidade de actuación nº 5 do PXOM (avenida do Uruguai e rúas Galera, arcebispo Malvar e Fonte da Moureira) Pontevedra», 36038_ED_UA5_202503_AD, de data marzo 2025, con data de sinatura dixital do 25.9.2025, redactado polo arquitecto Antonio Rodríguez Martín (Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P.), adaptado ás normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que incorpora trocos ou modificacións técnicas de carácter menor, que en ningún caso modifican o contido material e normativo do documento aprobado definitivamente con data do 19.5.2025, e que foron introducidas no instrumento aprobado -ao cal substitúen-, co fin de corrixir e emendar as deficiencias formais observadas polo Servizo de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia no seu requirimento previo á inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, con ratificación dos restantes pronunciamentos do acordo de aprobación definitiva citada. (...)».
O que se fai público para a súa executividade e para os efectos oportunos, e faise constar expresamente que o seu contido íntegro se encontra á disposición do público na sede electrónica do Concello de Pontevedra sede.pontevedra.gal
Pontevedra, 26 de febreiro de 2026
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde
