DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2024/1396-1 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para lles notificar as resolucións das reclamacións previas as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 27 de febreiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/1396-1

32757596F

Desestimación da reclamación

27.12.2025

2024/2064-1

32449503E

Desestimación da reclamación

27.12.2025

2025/3708-1

34899638J

Desestimación da reclamación

27.12.2025

2024/2779-1

46914322A

Desestimación da reclamación

22.12.2025

2024/3644-1

32289755D

Estimación da reclamación

12.12.2025

2024/3235-1

33266328W

Estimación da reclamación

26.1.2026