Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 20 de febreiro de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SMC729 substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42, no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/118-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 17 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cambre
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
Familia Echevarría |
15017A025001770000MA |
Pazos de Abaixo |
AK42K2UT//41 |
2,0 |
Rústico, agrario, matogueira |
||||
|
2 |
Familia Echevarría |
001200700NH59D0001JR |
Lg. Pazo, 2, 15660 |
AK6TLAFF/42 |
2,0 |
Rústico, agrario, prados ou pradarías |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
