A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 3 de decembro de 2025, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística OU-00153-2025.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do acordo ás persoas interesadas con DNI 76722020T e 76764842L, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
