DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Vilasantar (expediente IN407A 2024/397-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT SDG709 B00MD3OH//9-60-B21 e B09EWPD8//9-60-B23, no concello de Vilasantar (expediente IN407A 2024/397-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 8 de xaneiro de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 15 de maio de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vilasantar, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 21.7.2025, no BOP do 9.7.2025 e no xornal La Voz de Galicia do 9.7.2025, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual e sinalaránselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 13 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña