Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio comunícanse a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 268 e CT 27AJ75 (Cervantes), que se realizarán na Casa do Concello de Cervantes, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 20 de marzo de 2026
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/42-ATE.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 268 e CT 27AJ75.
|
Concello |
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Cervantes |
Monte Veciñal Donís |
29.4.2026 |
10.00 |
2 |
