DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/006-1, no concello de Bergondo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as pesoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT BEG705 en ANVI61FR//6, no concello de Bergondo (expediente IN407A 2024/006-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 23 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/006-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT BEG705 en ANVI61FR//6.

Concello: Bergondo.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

1

Fraga

2427401NH6922N0001PD

José, Obdulia e Carmen Mato Insua

19.5.2026

11.15

2

Fraga

2127601NH6922N0001LD

José, Obdulia e Carmen Mato Insua

19.5.2026

11.15

3

Callou

2331601NH6923S0001IG

José, Obdulia e Carmen Mato Insua

19.5.2026

11.20

4

Callou

2132601NH6923N0001YUY

José, Obdulia e Carmen Mato Insua

19.5.2026

11.20