DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de disolución e nomeamento de liquidadores de Xacias, S. Coop. Galega Xuvenil en liquidación.

En cumprimento do disposto na disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que esta dirección territorial, o 30 de xaneiro de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de disolución e nomeamento de liquidadores de Xacias, S. Coop. Galega Xuvenil en liquidación, acordado por unanimidade na asemblea xeral universal do 26 de setembro de 2025. As persoas nomeadas liquidadoras son: Pablo Javier Rañales Pérez, Román Varela Cores, Miguel Ledo Roca e Carmen del Río Ferreiro.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2026

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña