DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de marzo de 2026, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial, por incremento da superficie ocupada, da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a explotación dun local construído polo concesionario, e da explanada anexa, para local social, bar-cafetaría, almacén, escola de vela e depósito de embarcacións deportivas no porto de Corcubión (clave 12-33-00-C-1).

Está en trámite unha modificación substancial por incremento da superficie ocupada na concesión administrativa a favor de Club Marítimo Carrumeiro, para a explotación dun local construído polo concesionario, e da explanada anexa, para local social, bar-cafetaría, almacén, escola de vela e depósito de embarcacións deportivas, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 5.3.2026 con base no documento técnico: Memoria valorada: instalación de peche perimetral modular desmontable e concesión administrativa de superficie exterior, asinado en xaneiro de 2022 pola arquitecta Ana Leo Fernández, colexiada núm. 1340.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 10 de marzo de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro