DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente SR25-C-ARTEPEN-0-PIA.

De acordo co establecido nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia por seren descoñecidas, ignorarse o lugar de notificación, ou ben porque, intentada esta, non se puido efectuar.

O acto obxecto de notificación é o acordo de aprobación inicial do proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Arteixo (A Penouqueira, A Baiuca), que foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo o 3 de marzo de 2026.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela, en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Referencia catastral

NIF/persoa a que se notifica

15005A08200041

Herdeiros de Calvete Hermida, Julia

15005A082000720000PK

Descoñecido

0348123NH4904N0001GG

32156126X

15005A08300010

Mosquera Mariño, Minia

15005A08300009

Herdeiros de Mosquera Narciso

15005A08200045

05900373E