Na sesión que tivo lugar o día 6 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 24 de outubro de 2024 (DOG núm. 211, do 31 de outubro) este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia.
Como consecuencia da estimación do recurso de alzada interposto por Belén Fernández Núñez, con DNI (***9407**), este tribunal acorda modificar a dita resolución en relación coa puntuación desta persoa aspirante, que queda do seguinte xeito:
|
DNI |
Apelidos e nome |
III.1.1.a) |
III.1.1.b) |
III.1.1. Total experiencia |
III.1.2.a) |
III.1.2.b) |
III.1.2.c) |
III.1.2. Total Outros |
Total |
|
***9407** |
Fernández Núñez, Belén |
55.2 |
0.0 |
55.2 |
17.5 |
4.0 |
0 |
21.5 |
76.700 |
Segundo. Mediante a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia, subgrupo A2.
Como consecuencia da modificación do baremo definitivo do punto primeiro prodúcese a modificación na orde de prelación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia, subgrupo A2, pasando a persoa aspirante Belén Fernández Núñez, con DNI (***9407**), a ocupar o posto número 1 (76.700 puntos) e renumerando o resto de persoas aspirantes por orde de puntuación a partir desa posición.
Terceiro. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026
Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal
