DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22398

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (promoción interna)

• Tribunal titular.

Presidencia:

– Mónica María Castro Pérez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Secretaría:

– Marco Antonio Cobo García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– María Luz Vázquez Silva, persoal funcionario do corpo xeral administrativo da Administración do Estado.

– David Vidal Ces, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxías da información.

– Xesús do Río da Torre, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

• Tribunal suplente.

Presidencia:

– Eva Veiga Aira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Secretaría:

– Marina Gabriela Cousillas Anido, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– María José Bragaña Míguens, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Carlos Chedas Fernández, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

– Roberto Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.