DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2011/00167).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar en que efectuar a correspondente notificación.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede do Departamento Territorial de Ourense, avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Ourense, 24 de marzo de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte

Acto notificado

OU-2011/00167

B833954

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia