DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22533

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas do Lugar de Río-Rodeiro

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral.

Eu, Lidia Diéguez Patao, en calidade de representante da Comunidade de Usuarios de Augas do Lugar de Río-Rodeiro, por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral que terá lugar o 7 de maio de 2026, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, no local social da vila de Río, coa seguinte orde do día:

1. Relación e inventario de usuarios e análises para a constitución da comunidade.

2. Nomeamento de membros para a constitución da Xunta Directiva e do Xurado.

3. Tramitar a solicitude do CIF na Axencia Tributaria.

4. Encargo e redacción de estatutos.

5. Outros puntos de interese.

6. Rogos e preguntas.

Río, 7 de abril de 2026

Lidia Diéguez Patao
Representante da Comunidade de Usuarios
de Augas do Lugar de Río-Rodeiro