O 4 de marzo de 2026, a instrutora do servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dar traslado do acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade PO-0255-2025.
Ao non poder realizarse a notificación persoal ao interesado con documento nacional de identidade número 39462391A, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o traslado do acordo de incoación e prego de cargos por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado do acordo de incoación e prego de cargos que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Para que conste, e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
