DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente E-1146-P e doce máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-1146-P e doce máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-1146-P

Virginia García Camiña

1,5 l/s

Regatos Novás e Fonte do Lobo

Rega

L: Parada
P: Pardemarín (Santa Baia)
C: Estrada, A

E-1491-P

Central Lechera de Pontevedra, S.A.

0,58 l/s

Río Fontáns

Usos industriais

L: O Couso
P: Xeve (Santo André)
C: Pontevedra

E-124-C

José Miranda Fernández

133 l/s

Río das Pedras

Forza motriz

L: Portocarro
P: Lesón (Santa Cruz)
C: A Pobra do Caramiñal

E-53-L

José Guerreiro Rodríguez

90 l/s

Río Xudreiro

Forza motriz

L: Piñeiro
P: Chavín (Santa María)
C: Viveiro

E-69-C

María Giménez Barbeito

950 l/s

Río Mero

Forza motriz

C: Abegondo

E-73-313-C_01

Manuel Becerra Muñiz e Manuela López Maneiro

0,20 l/s

Arroio do Igrexario

Rega

C: Arteixo

E-73-313-C_02

Manuel Becerra Muñiz e Manuela López Maneiro

15 l/s

Arroio do Igrexario

Rega

C: Arteixo

E-69-792-C

Mercedes Carracedo Eiris, Manuel Carracedo Eiris, Ramón Caamaño Rey

62,13 l/s

Arroio Sumide ou Maía (arroio Casal de Perros)

Forza motriz e rega

P: Rus
C: Carballo

E-62-515-C

Feliciano Crego Arrivi

0,90 l/s

Río Custido

Rega

C: Cedeira

E-132B-C

Josefa Muíño Vilar

0,35 l/s

Río Ferrerías ou Liñares ou Paldoeixa

Rega

C: Cedeira

E-62-979-C

Evangelina García Greco

0,20 l/s

Río Painceira ou Custido

Rega

C: Cedeira

E-162-C

Domingo Roca Fernández

125 l/s

Río Negrelle

Forza motriz

C: Aranga

E-187-C

Ignacio García Vigo

175 l/s

Río Vexo ou das Fervenzas

Forza motriz

L: Pontes da Carballeira
P: San Vicente de Fervenzas
C: Aranga