DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22700

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 6 de abril de 2026, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, pola orde das puntuacións obtidas. De conformidade co establecido na base V.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

***8334**

González Vázquez, David

L

12,94

18,75

22,83

32,50

Exento

87,02

2

***5939**

Mosquera Rey, Ana María

L

13,44

17,61

19,73

20,04

Exento

70,82