DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22718

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade de bombeiro forestal-xefe de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, e para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocaba o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocaba o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante as resolucións do 16 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), dos tribunais designados para cualificar os procesos selectivos referenciados nos parágrafos anteriores, fíxose pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron os ditos procesos selectivos.

Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia e resolver o decaemento das persoas aspirantes que se relacionan no anexo I con indicación do motivo, conforme o disposto na base V.3. das resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) que sinala que as persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial; e a base III.4 que engade que, para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva.

Segundo. Publicar como anexo II a relación de novas persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos sinalados anteriormente e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo III desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo, escala e especialidade a que acceden e de conformidade co indicado no anexo III desta resolución.

Dado que no presente acto de elección coexisten dous procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 convocados polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición, a orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que a convocatoria máis antiga terá preferencia sobre a máis recente.

Cuarto. As persoas aspirantes de cada unha das especialidades soamente poderán elixir os postos que figuran no anexo III para a súa especialidade.

Quinto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres (3) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Sexto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición quinta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. Neste punto, lémbrase que de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deberán permanecer en servizo activo no devandito corpo e escala un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

Sétimo. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos entre os que quedasen sen adxudicar.

Oitavo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Noveno. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo, escala e especialidade a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

No suposto de que unha persoa participante nos procesos selectivos convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 pola que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, figure incluída na relación de aprobados de dúas ou máis especialidades ou categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, deberá optar por unha delas dentro do prazo previsto na disposición quinta desta resolución de tres (3) días hábiles para a selección telemática de postos.

De non observar o disposto no parágrafo anterior, entenderase que a persoa aspirante opta por un dos procesos selectivos superados, conforme os seguintes criterios:

a) O grupo/subgrupo superior terá preferencia sobre o grupo/subgrupo inferior.

b) De tratarse dun mesmo grupo/subgrupo terán preferencia as especialidades de funcionarios sobre as categorías laborais.

c) De tratarse de especialidades ou categorías do mesmo grupo/subgrupo, a orde de preferencia virá determinada pola orde en que figuran publicadas as ditas especialidades/categorías na disposición adicional novena da Lei 2/2015, do 29 de abril.

2. Aspirantes que se atopan na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición quinta desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles conforme o establecido na disposición quinta desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino. A renuncia farase efectiva o día da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de nomeamento e adxudicación de destino definitivo.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, renunciando expresamente ao outro, sempre que non se tivese producido aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados.

Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.

Décimo. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito á compensación.

Décimo primeiro. As persoas aspirantes que neste procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test», serán convocadas para a realización da proba o día 23 de abril de 2026. Para a súa participación deberán achegar un certificado médico en que se faga constar que están aptas para realizar unha proba de esforzo físico. A obtención dun destino definido na RPT con estas características está condicionada á superación da referida proba.

Décimo segundo. Estará á disposición das persoas aspirantes a información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

DNI

Apelidos e nome

Especialidade

Motivo da exclusión

***0990**

Ventoso Dapena, Julio

Bombeiro forestal-xefe de brigada (subgrupo B) concurso

3

***9028**

Varela Guerra, Juan Ramón

Bombeiro forestal (subgrupo C2) concurso

2

***5874**

Arriba Polin, Pedro José de

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

1

***4836**

Bouza Murias, Jesús

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

1

***1440**

Caamaño Caamaño, Darío

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

1

***7201**

Mallo Sánchez, Pablo-Manuel

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

2

***4814**

Vázquez Arrojo, Óscar

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

5

***0331**

Vázquez Cortegoso, José

Bombeiro forestal (subgrupo C2) conc.-opos.

2

1. Renuncia.

2. Non presentar a documentación no prazo fixado (base V.2 da convocatoria).

3. Non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria.

5. Non tomar posesión na praza adxudicada en elección de destino anterior.

ANEXO II

Relación de aprobados

Bombeiro forestal (subgrupo C2).

Nº de orde de elección de destino

Nº de orde no proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Convocatoria

Acceso

1

153

***8591**

Saavedra Lemos, José Manuel

2022 concurso

Libre

2

154

***3563**

Mallo Rodríguez, Antonio

2022 concurso

Libre

3

41

***2823**

Arias Ferrer, Gabino

2022 concurso-oposición

Libre

4

42

***7164**

Villa Ruíz, Manuel

2022 concurso-oposición

Libre

5

43

***0947**

García Collazo, Samuel Olaf

2022 concurso-oposición

Libre

6

44

***3128**

Porto Moldes, Jorge

2022 concurso-oposición

Libre

7

45

***8189**

López Toimil, Adrián

2022 concurso-oposición

Libre

8

46

***1826**

Mosquera Castro, José Breogán

2022 concurso-oposición

Libre

9

50

***0682**

Silva García, Raúl Andrés

2022 concurso-oposición

Libre

10

51

***6508**

Losada Valiña, José Manuel

2022 concurso-oposición

Libre

11

52

***8003**

Fernández Domínguez, Pablo

2022 concurso-oposición

Libre

12

55

***4443**

Rubio Díaz, Miguel

2022 concurso-oposición

Libre

13

56

***9320**

Rodríguez Sotelo, Yago

2022 concurso-oposición

Libre

14

57

***3727**

García Agrelo, Antonio

2022 concurso-oposición

Libre

ANEXO III

Prazas ofertadas

Bombeiro forestal (subgrupo C2).

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Observacións

2

MRC995014132840059

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

10

MRC995013132090292

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

47

MRC995017236090039

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Paradanta

Servizos periféricos

A Caniza

C2

17

Horario especial

73

MRC995013132090090

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

17

Horario especial

105

MRC995012132001052

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Ourense

Servizos periféricos

Ourense

C2

17

Horario especial

126

MRC995015132060088

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

134

MRC995014132840090

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

19

Horario especial

138

MRC995015132060092

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

148

MRC995015132060093

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

152

MRC995011232680063

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C2

17

Horario especial

159

MRC995007227180075

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

170

MRC995011232680043

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C2

17

Horario especial

172

MRC995016136240069

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Deza

Servizos periféricos

Lalín

C2

17

Horario especial

173

MRC995013132090044

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

17

Horario especial

176

MRC995011232680046

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C2

17

Horario especial

181

MRC995016136240045

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Deza

Servizos periféricos

Lalín

C2

17

Horario especial

182

MRC995007227180071

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

191

MRC995012232430077

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

194

MRC995014232340056

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

213

MRC995015132060095

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

215

MRC995007227180080

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

218

MRC995013132090087

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

17

Horario especial

224

MRC995013232230051

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C2

17

Horario especial

225

MRC995014232340089

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

226

MRC995008127300070

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

C2

19

Horario especial

227

MRC995014232340054

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

229

MRC995013232230050

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C2

17

Horario especial

230

MRC995014132840094

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

19

Horario especial

234

MRC995015132060103

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

235

MRC995014132840089

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

246

MRC995014132840055

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

247

MRC995008227160077

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Chantada

Servizos periféricos

Chantada

C2

17

Horario especial

248

MRC995016136240053

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Deza

Servizos periféricos

Lalín

C2

17

Horario especial

255

MRC995014132840058

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

256

MRC995014132840063

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

265

MRC995012232430049

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

266

MRC995014132840095

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

276

MRC995015132060050

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

277

MRC995015132060054

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

279

MRC995013132090053

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

17

Horario especial

280

MRC995014132840051

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

281

MRC995015132060049

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

283

MRC995007227180077

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

285

MRC995012232430048

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

286

MRC995016136240048

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Deza

Servizos periféricos

Lalín

C2

17

Horario especial

293

MRC995011132190042

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C2

17

Horario especial

294

MRC995011232680042

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C2

17

Horario especial

295

MRC995012232430050

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

297

MRC995014132840046

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

306

MRC995007227180043

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

310

MRC995012232430076

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

311

MRC995008227160079

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Chantada

Servizos periféricos

Chantada

C2

17

Horario especial

312

MRC995015132510281

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

320

MRC995015132060046

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

326

MRC995013132090063

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

17

Horario especial

328

MRC995014232340090

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

331

MRC995013232230053

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C2

17

Horario especial

332

MRC995014232340064

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

333

MRC995015132060062

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

338

MRC995008227160075

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Chantada

Servizos periféricos

Chantada

C2

17

Horario especial

343

MRC995007227180045

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C2

17

Horario especial

348

MRC995014232340062

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C2

17

Horario especial

349

MRC995015132060061

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

351

MRC995015232320056

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C2

17

Horario especial

352

MRC995015232320085

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C2

17

Horario especial

353

MRC995014132840097

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

354

MRC995014132840057

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C2

17

Horario especial

355

MRC995015132060060

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

359

MRC995013132090293

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

360

MRC995013132090299

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

361

MRC995015132510277

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

362

MRC995008127300086

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

364

MRC995013132090291

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

365

MRC995013132090294

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

366

MRC995013132090295

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

367

MRC995013132090296

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

368

MRC995013132090297

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

369

MRC995013132090298

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

370

MRC995013132090300

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

371

MRC995013132090301

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

372

MRC995015132510270

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

374

MRC995015132510273

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

375

MRC995015132510274

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

376

MRC995015132510275

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

377

MRC995015132510276

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

378

MRC995015132510278

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

379

MRC995015132510279

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

380

MRC995015132510280

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia (Muíños)

Servizos periféricos

Muíños

C2

19

Horario especial//proba física pack test (R.I).

390

MRC995012232430047

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C2

17

Horario especial

391

MRC995015132060084

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

392

MRC995015132060087

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial

393

MRC995015132060082

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C2

17

Horario especial