DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente OU-RES-2025-011 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

OU-RES-2025-011

José Emilio Carnero Dantas

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2025-013

David Fernández Fernándeza

Resolución expediente sancionador

PO-RES-2025-032

Cristian Díaz Viéitez

Resolución expediente sancionador