DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de concesión da explotación derivada do permiso de investigación Don Sebastián 1ª fracción, número 7147.1, no concello de Laxe (A Coruña) (expediente 2023/0115).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 27 de marzo de 2026, do proxecto de concesión da explotación derivada do permiso de investigación Don Sebastián 1ª fracción, núm. 7147.1, no concello de Laxe (A Coruña), promovido por Caolines de Vimianzo, S.A.U. (Cavisa).

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade