DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 3 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F (expediente 15030043624R e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción de medidas que procedan de conformidade, co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15030043624R

Z1514383E

Requirimento de documentación

23.12.2025

15005008923R

Z0226284S

Requirimento de documentación

23.12.2025

15030045024R

Y6301248K

Requirimento de documentación

22.12.2025

15078007225R

Z2712720J

Requirimento de documentación

23.12.2025

15030036125R

X2042514E

Requirimento de documentación

30.1.2026

15078009825R

55581521T

Requirimento de documentación

27.1.2026

15030029025R

Z2802589K

Requirimento de documentación

22.1.2026

15030033625R

Z2663630M

Requirimento de documentación

11.2.2026