DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23010

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 24 de marzo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo do Taller de Fontanaría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Advertido un erro no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 64, do mércores 8 de abril de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21702, no sumario, onde di:

«ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a de grupo do Taller de Fontanaría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña».

Debe dicir:

«ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo do Taller de Fontanaría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña».

Na páxina 21702, no punto primeiro, onde di:

«Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a de grupo do Taller de Fontanaría do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña».

Debe dicir:

«Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo do Taller de Fontanaría do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña».