DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución de instalacións deportivas na Seca, no concello de Poio (expediente 2026AAE3067).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 26 de marzo de 2026 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución de instalacións deportivas na Seca, no concello de Poio.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3067).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade