De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución da perda de dereito ao cobramento da subvención, logo de resultaren infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo postal certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), situado na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto notificado |
|
1227042000105 |
76582084L |
Resolución da perda de dereito ao cobramento da subvención |
