DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de publicación das bases que rexerán a convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 65, do 9 de abril de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 7 de abril de 2026, relativas á seguinte convocatoria:

– Cinco prazas de técnico/a de xestión cultural, pola quenda libre (subgrupo A1), C.E. 11/25.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de abril de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica