De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.9967 e catorce máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
DH.A15.9967 |
Comunidade de Usuarios de Lourido de Arriba e Piados |
20.2.2026 |
|
DH.A15.13318 |
Comunidade de Usuarios Agro da Estivada e Estivada de Bentin |
20.2.2026 |
|
DH.A15.18729 |
Manuel Fernández García |
20.2.2026 |
|
DH.A36.5543 |
Comunidade de Usuarios Oitavén de Arriba |
20.2.2026 |
|
DH.A36.6432 |
Jesús Rodríguez Prieto |
20.2.2026 |
|
DH.A15.19154 |
José Luis Pérez del Valle |
20.2.2026 |
|
DH.A36.2416 |
Comunidade de Usuarios de Tomeza |
20.2.2026 |
|
DH.A36.6142 |
Comunidade de Usuarios Radenal |
20.2.2026 |
|
DH.A15.09132 |
Comunidade Leira do Rial |
20.2.2026 |
|
DH.A36.7646 |
Comunidade de Usuarios A Sobreira |
20.2.2026 |
|
DH.A15.17400 |
José Manuel Pereira Leis |
20.2.2026 |
|
DH.A15.19643 |
Antonio Ferreño Pardo |
20.2.2026 |
|
DH.A15.18668 |
Lita María Martínez Veje |
20.2.2026 |
|
DH.A36.08180 |
Comunidade de Usuarios Iglesario-Carballal |
20.2.2026 |
|
DH.A36.9179 |
Comunidade de Usuarios de Moldes |
20.2.2026 |
