DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026 pola que se publica o financiamento, con fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo da obra de melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial e significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101, río Fontecova, Viveiro (Lugo), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2025-0119).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos, en concreto de conformidade co regulado no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular en canto á visibilidade da orixe do financiamento consonte o seu artigo 34.2, e co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu financiamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45246400-7 (obras de protección contra inundacións).

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES112 Viveiro (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial e significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101. Río Fontecova. Viveiro (Lugo). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Referencia de expediente: AUG-2025-0119. Clave do proxecto: OH.427.697.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 671.590,70 euros. Importe total: 812.624,75 euros.

8. Valor estimado do contrato: 671.590,70 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 8 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación, obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 10 de febreiro de 2026.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2026.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou, no seu caso, UTE: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

14.2. NIF: A32118705.

14.3. Enderezo: Camiño da Cima, 24, baixo, 32004 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES114.

14.5. Correo electrónico: concursos@misturas.es

14.6. Fax: 988 26 99 74.

14.7. Teléfono: 988 21 46 91.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 637.608,00 euros. Importe total: 771.505,68 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II, Infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5, Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 2 (C05.I02), Seguimento e restauración dos ecosistemas fluviais, recuperación de acuíferos e mitigación do risco de inundación; submedida C05.I02b, Actuacións para mitigar o risco de inundación; proxecto 01 (C05.I02.P03), Actuacións para mitigar o risco de inundación; subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13), Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia; e contribúe á consecución do Fito nº 77, Restauración das proteccións de leitos e ribeiras contra os riscos de inundación.

O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concebido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á covid-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 20 de agosto de 2025.

Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 16 de febreiro de 2026.

Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 5 de marzo de 2026.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia