De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPACAP), notificámoslles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada, e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).
Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer no prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en adiante, BOE).
Na sede deste servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 8º andar, á norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que estas persoas comparecesen, entenderemos producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.
No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.
Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 26 de marzo de 2026
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/NIE |
Estrada |
|
573/2024-CO |
33274663B |
CG-1.5, Brión (AG-56)-Noia (AC-550) p.q. 21+400 |
