DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-PR212A/2025/01644 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formularen as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Unha vez transcorrido este prazo, e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 27 de marzo de 2026

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-PR212E/2026/00298 (AC-PR212A/2025/01644)

M089269

AC-PR212E/2026/00683 (AC-2023/00174)

GC764323

AC-PR212E/2026/00777 (AC-2024/00930)

A8186306

AC-PR212E/2026/00527 (AC-2022/00088)

32400536E