Pola Resolución do 23 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica nos concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2025/014-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer, no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 26 de marzo de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2025/014-3.
Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Denominación: Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.
Concello do Barco de Valdeorras
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32010A020005840000XA.
Lugar: Granxa.
Cultivo: labor.
Titular: Pilar del Prado.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 12.
Predio núm. en proxecto: 2.
Referencia catastral: 32010A020005690000XX.
Lugar: Granxa.
Cultivo: viñedo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 13.
Concello de Vilamartín de Valdeorras
Predio núm. en proxecto: 3.
Referencia catastral: 32089A021025300000QU.
Lugar: Val do Carballo.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 1.
