DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07878, outorgada o 6 de febreiro de 2006, no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.113966).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Calvelos.

Expediente: DH.A36.113966.

Volume total anual: 2.299,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 126, pol. 502, do Catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Calvelos.

Parroquia: Saiar.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga captada do manancial condúcese a unha caseta de depósitos na parcela 2389, pol. 521, que contén 9 depósitos individuais dos que saen conducións ás vivendas que abastece a comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 20 de marzo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur