A persoa instrutora do procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025 remitiulle á persoa interesada o acordo de apertura do trámite de audiencia ao domicilio que consta nos rexistros da Secretaría Xeral de Medios, a través do servizo de Correos e tamén mediante posta á disposición no Sistema de notificación electrónica-Notifica.gal, intentos que resultaron infrutuosos.
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas no procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido efectuar...», mediante este anuncio notifícase o acordo do 19 de febreiro de 2026, de apertura do trámite de audiencia, ditado no procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025, á persoa interesada con DNI 00378136Q.
O texto íntegro do acordo, así como os documentos que integran o procedemento, está á disposición da persoa interesada na oficina da Secretaría Xeral de Medios, no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, A Coruña (teléfono de contacto 981 54 12 30), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles a partir da publicación deste anuncio, para que poida exercer o seu dereito á vista do expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026
Mª Nieves Domínguez Castro
Instrutora
