DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se emprazan varias persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes tramitados por ese órgano (expediente XA20250221 e un máis).

Na data que para o efecto se indica no anexo, a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ditou os laudos correspondentes aos expedientes que, así mesmo, se relacionan.

O artigo 9.6 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, establece que «en relación coas notificacións ás partes, que realizará a secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo», polo que esta secretaría intentou facer a notificación postal do laudo consonte o artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Porén, a notificación non puido ser completada para a parte reclamada.

En consecuencia, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da mesma lei, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Dirección Xeral de Mobilidade), sita no edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas que comparezan deberán asistir provistas da documentación suficiente acreditativa da súa identidade e, de ser o caso, da representación coa que afirmen actuar.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Poderá obter máis información sobre este procedemento na secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (teléfonos de contacto 981 54 45 89 e 881 99 59 58).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

Eduardo Suárez Campo
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

ANEXO

Expediente

Reclamante(s)

Reclamado(s)

CIF

Parte pendente de notificar

Último enderezo coñecido

Data do laudo

XA20250221

Trans Armesto Arango, S.L.

13151486V

Rúa Briviesca, núm. 31,1º A

09004 Burgos

28.7.2025

XA20250576

CTT Expresso-Serviços Postais e Logística, S.A.

53483140K

Praza Manuel Escurís, baixo 4.

15940 A Pobra do Caramiñal

(A Coruña)

24.2.2026