Teresa del Valle Varela, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios A Carballeira (G26870907), mediante este anuncio convoco o vindeiro 1 de maio de 2026 no local social de Parada (O Castro, 5, Parada), ás 10.00 horas en primeira convocatoria, e ás 10.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación de actas anteriores.
2. Actualización de prezos.
3. Futuras obras a curto e longo prazo.
4. Xurado e suplentes.
5. Cambios de titularidade.
6. Facultar a xunta directiva para solicitar subvencións e axudas no nome da comunidade.
7. Rogos e preguntas.
Ordes, 24 de marzo de 2026
Teresa del Valle Varela
Presidenta da Comunidade de Usuarios A Carballeira
