No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 80, do 10 de abril de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha praza de administrativo-xefe da Sección de Contabilidade, pertenecente ao persoal funcionario deste concello, escala de Administración xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
O Corgo, 10 de abril de 2026
Felipe Labrada Reija
Alcalde
