DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 24019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0034/2025-VNA e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 31 de marzo de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

INC-PO-0034/2025-VNA

X9298957B

Resolución

INC-PO-0036/2025-VNA

35293113G

Resolución