Por solicitude da Asociación Deportiva de Cazadores de Caxigueiras, formulada o 3 de agosto de 2023, o Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo inicia o procedemento de segregación de terreos cinexéticos do citado Tecor.
Os terreos obxecto de segregación correspóndense coas seguintes referencias catastrais do Catastro de rústica de Taboada:
|
27060A00700197 |
27060A03500009 |
|
27060A00700085 |
27060A03500012 |
|
27060A00700082 |
27060A03500038 |
|
27060A01000274 |
27060A03500234 |
|
27060A01000016 |
27060A04200122 |
|
27060A02500171 |
27060A04200155 |
|
27060A02700096 |
27060A14600168 |
Atendendo ao recollido no artigo 16 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ábrese un proceso de información pública dun mes desde a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento xeral de todas aquelas persoas que se poidan ver afectadas nos seus intereses, co fin de que poidan formular alegacións ao procedemento.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Lugo, 1 de abril de 2026
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
